• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Manual de boas prácticas para a conservación de pradarías mariñas

Vostede está aquí

Manual de boas prácticas para a conservación de pradarías mariñas

Como sociedade, estamos relacionados de forma directa ou indirecta coa conservación das pradarías de fanerógamas mariñas. Son varios os sectores con características moi diversas que xeran impactos positivos e negativos, a maioría das veces sen ser conscientes dos cambios que están provocando e, en ocasións, nin sequera da existencia das pradarías mariñas.

As pradarías de fanerógamas mariñas forman un ecosistema costeiro que posúe un elevado valor ecolóxico, posto que proporcionan numerosos beneficios nos hábitats adxacentes. Ademais, estes ecosistemas provén servizos básicos para a realización de diferentes actividades de varios sectores, polo que é fundamental aumentar o seu coñecemento, dar a coñecer a importancia que posúen na beiramar e profundizar en como inciden nas actividades económicas.

É por todo iso que se elabora o presente Manual de boas prácticas, xa que o seu obxectivo principal é dar a coñecer a importancia das pradarías mariñas e levar a cabo unhas boas prácticas no seu manexo, así como na transferencia de información. A publicación foi realizada dentro do proxecto  'ZOSTERA- Pradeiras mariñas, Tesouros de Biodiversidade',  desenvolvido polo CEIDA durante o período 2020-2021, co apoio da  Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Información adicional

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio