19.30 h.
Local da Asociación de Veciños da Parroquia da Fervenza en Aranga (A Coruña).
O proxecto GEFRECON persigue a promoción da Xestión Forestal Conxunta co fin de reducir o risco de incendios forestais no territorio POCTEP. O proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través do Programa InterregV-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, aborda unha temática de grande preocupación no territorio transfronteirizo como é a xestión de riscos relacionados co clima e, en concreto, a redución do risco de incendios forestais.
Co fin de facilitar pautas e medidas que garanticen a protección dos espacios forestais, así como achegar as labores de prevención en caso de ter que actuar en caso de incendio, a Deputación da Coruña en colaboración co CEIDA, organiza a xornada de presentación deste curso online que se desenvolverá nas vindeiras semanas.
Persoas que se dedican á agricultura ou a gandaría, propietarias de terreos, empresas de turismo de aventura, empresas forestais xa establecidas que queiran mellorar seus procesos, estudantes do sector forestal e afíns, personas que vexan no ámbito forestal unha posibilidade empresarial e outros axentes do territorio con especial atención na promoción da agrupación de propietarios forestais.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org