Xornada online
CEIDA
A costa galega sitúase no corazón dun dos principais corredores migratorios para as aves mariñas do planeta. Ademáis, a riqueza das nosas augas é aproveitada ao longo do ano polas máis diversas especies procedentes dos océanos máis dispares.
Por este motivo parte das nosas augas forman parte da Rede Natura 2000 mariña, e outras áreas como o Golfo Ártabro cumplen tamén os criterios para integrarse nelas pola súa importancia para a conservación destas especies, tal como puxo de relevancia o proxecto Aves Ártabras, desenvolto polo CEIDA dende 2019.
Nesta xornada presentarase parte do coñecemento actualmente existente sobre o corredor migratorio cantábrico e os movementos das aves oceánicas polo mar galego, poñendo de relevancia a súa importancia no eido da conservación da biodiversidade mariña. O sábado 1 realizarase unha actividade práctica mediante unha visita á estación ornitolóxica de Estaca de Bares, un dos principais puntos de Europa para o espetáculo da observación do paso migratorio.
Ademáis, a continuación da xornada online, o venres 30 terá lugar unha xornada de presentación de resultados do proxecto 'Artabro3'.
VENRES, 30 SETEMBRO
10:30 – 10:40 h. Benvida e presentación.
10.40 – 11.20 h. Que sabemos sobre os movementos de aves no Atlántico Norte?. Marcel Gil Velasco, Cory´s.
11.20 – 12.00 h. A onde van as pardelas galegas?. D. Sergio París Gómez, CEIDA.
12.00 – 12.40 h. Contaminación lumínica e pardelas. D. Sergio París Gómez, CEIDA.
12.45 - 13.30 h. Xornada de presentación de resultados do proxecto 'Ártabro3'.
SÁBADO, 1 OUTUBRO
8.45 – 10.20 h. Saída de Santa Cruz e traslado en autobús a O Vicedo*.
10.30 – 11.15 h. A importancia do corredor migratorio cantábrico para as aves mariñas do planeta. D. Antonio Sandoval.
11.30 – 12.00 h. Traslado a Estaca de Bares.
12.00 – 19.00 h. Observación do paso migratorio en Estaca de Bares.
* Bus gratuíto.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org