• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conversas naturalistas: cogomelos e libros

Vostede está aquí

Conversas naturalistas: cogomelos e libros

Conversas naturalistas: cogomelos e libros

Prazas ESGOTADAS!

Este mes de novembro o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA continúa co seu ciclo de Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa  biodiversidade nos seus diferentes ámbitos.

Esta quinta actividade estará centrada no   mundo dos cogomelos,  e para achegarnos a eles contaremos coa presenza da experta Cristina García-Echave,  con quen nos introduciremos no bioloxía dos fungos e as súas incribles redes, coñeceremos formas e cores extraordinarias, identificaremos algunhas das especies que se poden atopar en Galicia,... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que a levaron a fascinarse polos cogomelos, así como as lecturas que considera indispensables para saber máis sobre este reino, mais alá do seu valor culinario.

Cristina García-Echave

Natural da Coruña, licenciada en Ciencias Biolóxicas, leva máis de 30 anos estudando o mundo dos fungos e das prantas. Membro da Asociación Micolóxica Lucus e Grupo Micolóxico Galego. Nos anos 80 asistiu ao seu primeiro curso de cogomelos en Cuenca, lugar onde residiu durante oito anos. Dende entón non deixou de participar en congresos e actividades formativas, o último en setembro deste ano en Lugo sobre xenética micolóxica. Viviu en Burela vinte e cinco anos, de ahí que moitas das súas publicacións e estudos estén centrados na mariña lucense. Leva impartido cursos e conferencias para diferentes entidades, asociacións micolóxicas e tamén no ámbito universitario. Entre as súas publicacións cabe destacar Árboles y arbustos de las calles, plazas y jardines del Ayuntamiento de Burela (2005), Guía de plantas con flores de Burela y A Mariña (2007), Guía de setas de Burela y A Mariña (2009) e Guía de setas de Burela y A Mariña (nova edición, 2019).

A actividade terá lugar o  vindeiro martes 22 de novembro,  en horario de  19 a 21:00 h.  na actual sede do Centro de Documentación, o Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros). As prazas son limitadas.

AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio