• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso online 'Sostibilidade e natureza, cara o cambio a un turismo rexenerativo'

Vostede está aquí

Curso online 'Sostibilidade e natureza, cara o cambio a un turismo rexenerativo'
Prazas limitadas!
Data
mércores, 25 Outubro, 2023 a venres, 27 Outubro, 2023
Horario

O curso realizarase a través da plataforma Zoom con emisións en directo, de 18.30 a 20 horas (España peninsular).

Organiza

CEIDA

Descrición e obxectivos

Cada vez son máis os viaxeiros e viaxeiras que durante as súas vacacións na natureza preocúpanse por deixar o lugar que visitan mesmo mellor que á súa chegada. Tanto as persoas consumidoras como as profesionais da industria de viaxes están a preguntarse se é posible viaxar de forma que  cause menos dano ao medio ambiente, ou mesmo ver de que maneira as viaxes vacacionais poden melloralo.

Este concepto de turismo rexenerativo faise eco das prácticas da agricultura rexenerativa, destinadas a reverter o cambio climático, e non simplemente a retardalo. Cando se realiza de maneira responsable, a viaxe non só “non dana”, senón que rexenera e revitaliza activamente a contorna, producindo resultados positivos para as comunidades e as economías. Estes desafíos representan unha oportunidade para empresas e persoas emprendedoras dispostas a desenvolver oferta turística atractiva e de calidade no noso país.

Nese marco, o deseño de experiencias é un elemento clave para xerar produtos turísticos innovadores, transformadores e que marquen a diferenza en mercados nacionais e internacionais. 

Esta formación pretende entregar os coñecementos, metodoloxías, ferramentas e orientacións prácticas para deseñar experiencias turísticas de maior calidade, atractivo e diversidade, contribuíndo así a mellorar a oferta turística do noso país desde unha prespectiva máis responsable, amable e limpa coa natureza.

Dirixido a
  • Profesionais turísticos, emprendedores que buscan responder ás necesidades actuais dos turistas, agregando valor aos seus produtos.
  • Entidades, asociacións, cámaras de comercio... interesadas en promover estratexias para incrementar o valor, a calidade e diferenciación da oferta.
  • Institucións públicas que asesoran a empresas e emprendedores turísticos e profesionais turísticos.
  • Estudantado universitario.
  • Público en xeral interesado.
Programa
  • 1º sesión: Turismo Rexenerativo, o novo paradigma turístico.
    • Ánalisis de problématicas para o cambio. Visión holística do mundo.
    • Principios de sustentabilidade, patróns da natureza e organizacións vivas.
    • Características e orixe do turismo rexenerativo.
  • 2º sesión: O agroturismo como fonte de diversificación territorial.
    • Que é o turismo agroalimentario? Fundamentos e criterios.
    • Tipos de empresas no rural e requisitos.
    • Como se estrutura o turismo? Os cinco elementos da industria turística.
    • Como sabemos se un destino turístico é sostible? Claves para unha correcta xestión e execución.
  • 3º sesión: A innovación social como fomento de oportunidades locais.
    • Deseño de experiencias paso a paso.
    • Análise de proxectos innovadores, locais e baseados en boas prácticas.
    • O teu territorio: recursos potenciais e dispoñibles.
    • Creación de paquetes e experiencias rexenerativas: da idea á oportunidade económica.
Imparte

Alejandra Touza David. Diplomada en Turismo e consultora especialista en Turismo Industrial, Mariñeiro, Marketing e Dinamización Territorial, Sustentabilidade, Emprendemento, Desenvolvemento Local e Creación de Produto.

Características
  • Emisións en directo (Zoom).
  • Contidos teóricos e exercicios prácticos na Aula Virtual do CEIDA.
  • Idioma do curso: español.
  • Diploma acreditativo.
Inscrición
  • Inscrición: 35 € (50 € para transferencias internacionais).
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio