O vindeiro xoves, 9 de novembro, terá lugar na sede da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, a conferencia ‘‘Natureza e paisaxe: memoria, saúde e benestar’ a cargo do escritor Carles Castell Puig.
Nesta conferencia, compartiremos con Carles Castell, dende a sua visión como biólogo e experto en conservación, a importancia da natureza, da paisaxe e dos ecosistemas na vida das persoas, non só dende o punto de vista do seu disfrute e da súa beleza, seno tamén na nosa propia supervivencia. Cando falamos disto, non só falamos de saúde, tamén das singularidades dos territorios, dos sentimentos que nos inspiran e que nos marcan ao longo da nosa vida.
Aquí enlazamos coa temática da súa última novela, Camins de desig, onde o protagonista retorna á súa terra, o que leva implícito o regreso as súas paisaxes e ás súas lembranzas, e como os cambios producidos no seu territorio van en paralelo cos cambios na súa vida.
Sobre Carles Castell Puig (Reus, 1962)
Doutor en Ecoloxía pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), e investigador do Centro de Investigación en Ecología y Aplicaciones Forestales (CREAF) da UAB durante moitos anos. Traballou na Diputación de Barcelona, desenvolvendo programas de análise, planificación, xestión e seguemento en espazos naturais, e foi tamén presidente de Europarc-España, a sección do estado español da Federación Europea de Parques. É un apaixoado da interfaz entre investigación e xestión, e disfruta escribindo: ciencia, divulgación, opinión, e tamén ficción.
Neste ámbito literario, en 2008 publicou unha recopilación de contos satíricos, I..., coa que gañou o Premio Jaume Maspons y Safont, de Granollers (Premsa d'Osona). Dende entón, varios relatos foron galardonados e publicados en recomplilacións individuais e colectivas: Premio Llavor de Lletres, 2011; Premio Vent de Port, 2012 e 2016; Premios Literarios Ciutat de Tarragona, 2012 e 2013; Premio Literario de Valldoreix, 2016, entre outros. En 2014 publicou o seu segundo libro de relatos, Relacions molt realtives (Voliana Ediciones), previamente finalista do Premio El Lector de l'Odissea. En 2015 publica o libro Els camps de la Torre Negra (Ventall Edicions), no que o autor describe, con textos e fotografías, os cambios ao londo do ano deste emblemático paraxe santcugatense. Con Set Pecats (Edicions del Bullent, 2018) gañou o Premio Soler i Estruch de Castelló de la Ribera.
O seu último libro publicado en 2022, Camins de desig, foi galardonado co Premio de Narrativa Vila d'Ascó.
A conferencia terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora ás 19 h. Como o aforo é limitado, agradécese confirmar asistencia no seguinte FORMULARIO
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org