Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, Oleiros).
CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Este obradoiro é unha aproximación a aquela poesía na que a natureza ten un papel protagonista. Para iso, apoiarémonos na obra dos poetas Mary Oliver, Alice Oswald e Seamus Heaney, tres escritores cun fortísimo vencello coa natureza ao longo da súa obra. Trataremos de explorar as distintas voces e achegas de cada un deles para, nun segundo momento, abordar a propia escrita.
O obxectivo do taller é, por tanto, procurar as chaves e motivos relacionados co mundo natural que atravesan a cada participante. Sen esquecer a importancia do misterio poético e a procura da precisión e a emoción. Traballaremos así coas coordenadas de tempo e espazo, apoiándonos no territorio e os ciclos para crear textos nos que reflexar unha cartografía íntima e aos mesmo universal.
Escritores/as, lectores/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores/as ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONG's ambientalistas, estudantes de literatura, estudantes universitarios/as e público xeral interesado.
Dores Tembrás (Bergondiño, 1979)
Licenciada en Filoloxía Hispánica en 2001, é especialista en literatura Hispanoamericana. En 2008, tras anos de investigación e diferentes estadías en Suecia, Madrid e Buenos Aires defendeu a súa tese doutoral: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro.
En 2009 publicou o seu primeiro poemario, O pouso do fume. A partir dese momento sucédense os traballos poéticos: Esquiagrafías, Diapositivas a clareo, Silabario e Opium. En 2013 gañou o Premio de Poesía Concello de Carral coa obra Cronoloxía da urxencia. En 2016 publica a plaquette Auga a través. E en 2023 sae do prelo o seu último poemario Enxertos.
O seu primeiro libro de poesía infantil, O peizoque Roque, ve a luz en 2012.
Os seu textos foron traducidos a diversas linguas (vasco, catalán, español, inglés, alemán, ucraíno, croata, búlgaro e estonio) e incluidos en revistas, obras colectivas e antoloxías de difusión internacional.
O seu traballo poético sostense na brevidade e a precisión. A estirpe, a memoria, a infancia e a relación co agro e a natureza configuran un espazo onde o eu poético excava na linguaxe, outorgando ao silencio un lugar de preferencia.
En 2014 funda, xunto á tamén escritora Antía Otero, o proxecto cultural Apiario, que se centra en dúas áreas de traballo: unha escola adicada á formación, con cursos de escrita creativa e poética, e outra adicada á edición. Trátase dun proxecto de carácter independente que fai fincapé na importancia do libro como obxecto. O seu catálogo, focalizado en poesía, pretende outorgarlle a cada orixinal entidade individual e por iso o deseño de cada libro responde ás súa propias necesidades. Ao longo desta década conseguen recoñecementos e premios que inciden na excelencia do seu traballo editorial.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org