• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornadas sobre o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Vostede está aquí

Xornadas sobre o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes
Prazas limitadas!
Data
xoves, 24 Outubro, 2024 a sábado, 26 Outubro, 2024
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
  • Costa de Dexo-Serantes.
  • Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.
Organiza

CEIDA

Colabora

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Dirixido a

Todos os públicos.

Descrición das xornadas

A costa de Dexo-Serantes, caracterizada por espectaculares cantís que dan forma a unha paisaxe litoral singular, constitúe unha das mellores representaciós dos ecosistemas costeiros acantilados de Galicia. Neste espazo conviven hábitats litorais en bó estado de conservación, unha rica e variada biodiversidade e elementos que nos falan da pegada do ser humano neste territorio ao longo de milenios. Estos valores, xunto ao seu elevado valor como escenario privilexiado para a educación ambiental, motivaron a súa declaración como Monumento Natural no ano 2000 e a súa inclusión na Rede Natura 2000 no ano 2004. 

Os obxectivos destas xornadas son:

  • Conmemorar o 25º aniversario da declaración do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes e o 20º aniversario da súa inclusión na Rede Natura 2000.
  • Divulgar a importancia do patrimonio natural e cultural da Costa de Dexo-Serantes.
  • Actualizar e facilitar o acceso ao coñecemento recente sobre dito patrimonio.
  • Poñer en valor a importancia do espazo como escenario para a práctica da educación ambiental, a interpretación do patrimonio e a sensibilización sobre a conservación dos medios litorais e as súas problemáticas.

As xornadas inclúen: 

  • A presentación do libro 'Contra vento e marea. O ciclo da vida no Monumento Natural Costa Dexo-Serantes'. Xoves, 24 de outubro.
  • O seminario 'Monumento Natural Costa Dexo-Serantes. Un espazo natural a descubrir'. Venres 25 e sábado 26 de outubro.
Presentación do libro Contra Vento e Marea. O Ciclo da Vida no Monumento Natural Costa Dexo-Serantes

  • DATA: Xoves, 24 de outubro
  • HORA: 19 h.
  • LUGAR DE CELEBRACIÓN: Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Rúa Casares Quiroga, 29. Liáns, Oleiros).
  • PARTICIPAN: Sergio París (autor do texto), José Arcas (ilustrador), Carlos Vales (coordinador).
  • SINOPSE DO LIBRO:  Declarada no ano 2000 monumento natural pola Xunta e recoñecida pola UNESCO como zona núcleo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, a costa de Dexo-Serantes é terra e é mar. Nesta fronteira entre ambos os mundos preséntase ante a nosa vista a relación harmoniosa entre o salgado e o terrestre, unha combinación íntima da que xorde un escenario ante o que fascinarnos e en cuxo coñecemento e respecto afondar. Da man do corvo mariño cristado, cuxa poboación é aquí a máis numerosa da costa peninsular ibérica, imos coñecendo ao longo dos doce meses toda a diversidade humana e natural que se desprega nos 12 km de costa que conforman este arco mariñán: dende os labores de pesca e as pegadas da cultura castrexa, ata as numerosas especies que acompañan o corvo, como sapos parteiros e ras das veigas pola parte dos anfibios; paíños europeos, chascos e andoriñóns, pola das aves; ou queirogas e toxos pola banda do reino vexetal.
  • RESERVA DE PRAZA: como o aforo é limitado, agradecemos confirmar asistencia a través do formulario:

Seminario Monumento Natural Costa Dexo-Serantes. Un espazo natural a descrubrir
  • VENRES, 25 OUTUBRO. CONFERENCIAS NO CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)
    • 9.30 h. Recepción participantes.
    • 9.45 h. Presentación da Xornada: O proceso de declaración do Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes. D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA.
    • 10.30 h. A historia xeolóxica da Costa de Dexo-Serantes. Dr. Juan Ramón Vidal Romaní, Profesor Emérito Catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña e Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias.
    • 11.15 h. Pausa.
    • 11.30 h. Relevancia e estado de conservación dos hábitats e vexetación do litoral de Dexo-Serantes. D. Pablo Ramil Rego. Director do Instituto de Biodiversidad Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB (Man and Biosphere, Home e Biosfera) - España.
    • 12.15 h. Valor de conservación das comunidades de aves mariñas e outra fauna de interese da Costa de Dexo-Serantes. D. Sergio París Gómez. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
    • 13.00 h. A pegada do ser humano na Costa de Dexo-Serantes ao longo da historia. Dna. Matilde González Méndez. Arqueóloga. Consultora en xestión de Bens Culturais, Difusión e Interpretación do Patrimonio.
    • 13.45 h. Fauna, peixes e crustáceos dos fondos mariños da Costa de Dexo-Serantes. Dna. Paz Sampedro Pastor. Vicedirectora do Centro Oceanográfico da Coruña. Centro Superior de Investigacións Científicas – CSIC. e Dna. Patricia Verísimo Amor. Centro Oceanográfico da Coruña– CSIC.
  • SÁBADO, 26 DE OUTUBRO. ROTEIRO GUIADO   (só para as persoas asistentes ás conferencias do día 25).
    • 10.00-13.00 h. Roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes: un espazo para a Interpretación do Patrimonio e a Educación Ambiental. D. Francisco Illanes Ramos, Guía Intérprete e Educador ambiental, e D. Jorge Gude Armas, Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
Inscrición
  • Inscrición gratuíta.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio