Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia.
Cun enfoque eminentemente práctico e vivencial, este curso achegará ferramentas didácticas e metodolóxicas que fomentan a reconexión coa natureza, así como a naturalización do currículo e a vida escolar. Traballaranse dinámicas e actividades para favorecer o vínculo afectivo coa natureza e coa contorna próxima; así como actividades didácticas para desenvolver, ao aire libre, contidos curriculares de calquera materia, que fagan posible unha Escola a Ceo Aberto. Tamén haberá un tempo para profundar nas bases metodolóxicas e conceptuais, que sustentan as propostas pedagóxicas vivenciadas, así como a elaboración dun caso práctico para aplicar ao contexto educativo do alumnado participante.
A finalidade principal é, por tanto, motivar, capacitar e empoderar ao profesorado participante para que favoreza o vínculo afectivo do seu alumnado coa súa contorna (e o seu propio) e desenvolva regularmente a súa actividade docente ao aire libre. De maneira que goce dos beneficios do contacto coa natureza para a saúde, o benestar, o desenvolvemento persoal e os procesos de aprendizaxe; así como para o desenvolvemento de actitudes e comportamentos proambientales e da topofilia cara ao seu territorio próximo.
Entre os contidos do curso destacan:
• Dinámicas e xogos na natureza baseados na Aprendizaxe Fluída para xerar conexión afectiva e experiencia vivencial.
• Actividades curriculares ao aire libre adaptadas a distintas áreas de coñecemento.
• Beneficios do contacto coa natureza na saúde, benestar e aprendizaxe. Introdución ao trastorno por déficit de natureza.
• O xogo, a percepción sensorial, o mindfulness e outras prácticas como técnicas de educación ambiental.
• Recomendacións didácticas para integrar a natureza no currículo formal e fomentar o sentido de pertenza ao territorio (topofilia).
Paqui Godino, bióloga, especializada en medioambiente e educación ambiental. Na actualidade, é editora e formadora ambiental dun proxecto especializado en educación ambiental para reconectar coa natureza, La Traviesa Ediciones, que fundou en 2018.
Docentes de calquera ámbito e nivel educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Universidade e educación de persoas adultas), profesionais da educación ambiental, acompañantes de escolas na natureza, ou público xeral interesado na educación ao aire libre.
AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org