• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Canta cuco, canta cuco: a natureza galega a través do cancioneiro tradicional

Vostede está aquí

Canta cuco, canta cuco: a natureza galega a través do cancioneiro tradicional
Organiza

CEIDA

Descrición do programa

A través das cantigas e poesía oral do cancioneiro galego podemos coñecer moitos aspectos de como era a sociedade galega rural de hai décadas: como eran os valores, oficios, paisaxes cotiás da nosa sociedade,etc. Tamén nelas aparecen reflexadas moitas especies naturais, tanto de flora como de fauna, as súas características singulares e podemos entender como eran as nosas múltiples formas de relación con elas: de medo, de admiración, usos tradicionais etc.

O cuco, o paspallás, o lobo, o mazarico, asi como leiteriñas, carqueixas, etc. foron fonte de inspiración para a poesía oral, que de fonda influencia femenina, chegou aos nosos días, pero non así, ou con presencia fortemente reducida, algunhas destas especies e as súas contornas.

A través do cancioneiro, nomeadamente do recollido nos fondos Schubarth-Santamarina, depositado no Arquivo do Patrimonio Oral e Inmaterial (APOI) do Museo do Pobo Galego, coñeceremos moitas destas especies, as súas cualidades, o seu hábitat e o estado de conservación actual. Reflexionaremos sobre como era a nosa relacións con elas antaño, como é na actualidade e que accións de conservación da natureza necesitamos para que seguir gozando delas, así como intervencións de infraestrutura verde urbana que nos permitirían aumentar a súa presenza nas nosas contornas de vilas e cidades. 

Neste  obradoiro a través da música,e a poesía oral galega, coñeceremos un pouco máis da natureza galega pasada e actual,e do seu estado actual de conservación.

Obxectivos
  • Coñecer aspectos vinculados coa música e poesía de tradición oral galega e nomeadamente do fondo Schubarth-Santamarina, depositado no Arquivo do Patrimonio Oral e Inmaterial (APOI) do Museo do Pobo Galego: contexto social e demográfico das recollidas,  achegamento ao contido, e emprego posterior do mesmo.
  • Identificar que especies son máis frecuentes na poesía de tradición oral: cales son, onde viven e que relación tiñamos con elas.
  • Reflexionar sobre o coñecemento actual das diferentes especies e hábitats máis citados no cancioneiro, sobre o seu estado de distribución e conservación, e sobre como mudou a nosa relación con elas.
  • Coñecer pequenas intervencións de infraestrutura verde susceptible de incorporar en contornas urbanas ou semiurbanas que favorecerían un maior contacto coa natureza na sociedade urbana actual.
  • Escoitar, cantar e tocar algunhas destas melodías e, reflexionar sobre que natureza estaría presente hoxe se creásemos novas cantigas: con que especies nos relacionamos, que cualidades teñen para nós....e se cadra, lanzarnos a compoñelas.
Dirixido a

Entidades sociais da Provincia da Coruña. Para entidades de fóra da provincia consultar as condicións e disponibilidade en   educacion@ceida.org   ou no 981 630 618

Duración da actividade

1h.30 min.- 2h

Período de realización e custo da actividade
  • Curso 2025-206:
  • As reservas poden realizarse para o período de setembro a decembro de 2025.
  • Para as actividades de xaneiro a xuño de 2026 abrirase o seu prazo de solicitude correspondente.
  • A realización das mesmas é gratuita para todos os centros educativos.
Solicitudes

As solicitudes realizaranse a través do formulario.

Máis información sobre este programa:   educacion@ceida.org   -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio