• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Restaurando Territorios. Capacitación para unha transición xusta

Vostede está aquí

Restaurando Territorios. Capacitación para unha transición xusta

 

Este proxecto está cofinanciado polo FSE+ a través do programa EmpleaVerde+ da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

 

Descrición do proxecto

No contexto do Decenio das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas e da entrada en vigor do Regulamento Europeo de Restauración da Natureza, a recuperación dos ecosistemas degradados e a conservación da biodiversidade constitúen un dos principais retos das políticas ambientais actuais.

Neste marco, o proxecto 'Restaurando Territorios. Capacitación para unha transición xusta' ten como finalidade reforzar a formación e a capacitación profesional das persoas traballadoras residentes en zonas de Transición Xusta de Galicia, Castela e León e o Principado de Asturias. A iniciativa busca favorecer a transformación destes territorios cara a un modelo de desenvolvemento sustentable, xerador de novas oportunidades laborais ligadas á restauración ecolóxica, á conservación do patrimonio natural e ao emprego verde. 

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é mellorar a capacitación profesional das persoas traballadoras das zonas de Transición Xusta en materia de restauración ambiental e conservación da biodiversidade.

De maneira específica, o proxecto pretende:

  • Impulsar a formación especializada en restauración de ecosistemas degradados.
  • Mellorar as competencias en infraestrutura verde e renaturalización urbana.
  • Capacitar na xestión de espazos naturais protexidos e na conservación da biodiversidade.
  • Facilitar o coñecemento e o manexo de ferramentas profesionais para a planificación e xestión ambiental, como os sistemas de información xeográfica (SIG).
  • Favorecer a creación de redes de colaboración e intercambio de coñecemento entre profesionais do sector.
Período de execución

2026 – 2028

Accións a desenvolver

Ao longo do proxecto desenvolveranse doce accións formativas en modalidade mixta (presencial e en liña), orientadas á adquisición de competencias técnicas e profesionais en ámbitos estratéxicos para a transición ecolóxica.

As actividades abordarán, entre outras temáticas:

  • Infraestrutura verde e procesos de renaturalización urbana.
  • Conservación do patrimonio natural e xestión de espazos naturais protexidos.
  • Restauración ecolóxica de ecosistemas forestais, fluviais, mineiros e de solos degradados.
  • Ferramentas dixitais para a xestión ambiental.

Ademais da oferta formativa, o proxecto incluirá un servizo de asesoramento especializado para as persoas participantes e un foro de intercambio de experiencias e coñecemento, co obxectivo de favorecer a colaboración profesional e a transferencia de boas prácticas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio