No contexto do Decenio das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas e da entrada en vigor do Regulamento Europeo de Restauración da Natureza, a recuperación dos ecosistemas degradados e a conservación da biodiversidade constitúen un dos principais retos das políticas ambientais actuais.
Neste marco, o proxecto 'Restaurando Territorios. Capacitación para unha transición xusta' ten como finalidade reforzar a formación e a capacitación profesional das persoas traballadoras residentes en zonas de Transición Xusta de Galicia, Castela e León e o Principado de Asturias. A iniciativa busca favorecer a transformación destes territorios cara a un modelo de desenvolvemento sustentable, xerador de novas oportunidades laborais ligadas á restauración ecolóxica, á conservación do patrimonio natural e ao emprego verde.
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar a capacitación profesional das persoas traballadoras das zonas de Transición Xusta en materia de restauración ambiental e conservación da biodiversidade.
De maneira específica, o proxecto pretende:
2026 – 2028
Ao longo do proxecto desenvolveranse doce accións formativas en modalidade mixta (presencial e en liña), orientadas á adquisición de competencias técnicas e profesionais en ámbitos estratéxicos para a transición ecolóxica.
As actividades abordarán, entre outras temáticas:
Ademais da oferta formativa, o proxecto incluirá un servizo de asesoramento especializado para as persoas participantes e un foro de intercambio de experiencias e coñecemento, co obxectivo de favorecer a colaboración profesional e a transferencia de boas prácticas.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org