• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

NORAVES II. Ecoloxía trófica e mortalidade accidental de aves mariñas na ZEPA Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico Occidental e a súa relación coa actividade e o recurso pesqueiro

Vostede está aquí

NORAVES II. Ecoloxía trófica e mortalidade accidental de aves mariñas na ZEPA Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico Occidental e a súa relación coa actividade e o recurso pesqueiro

Este proxecto desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura).

Descrición do proxecto

O proxecto NORAVES II dá continuidade ao traballo desenvolvido no marco de NORAVES, afondando no coñecemento da ecoloxía trófica das aves mariñas e da súa interacción coa actividade pesqueira na Demarcación Mariña Noratlántica, con especial atención á ZEPA Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico Occidental.

A iniciativa aborda de forma integral un dos principais problemas para a conservación das aves mariñas: a mortalidade accidental en artes de pesca (bycatch). Para iso, combina investigación científica, traballo de campo, colaboración co sector pesqueiro e accións de formación, divulgación e participación, co obxectivo de xerar coñecemento aplicado que contribúa á conservación da biodiversidade mariña e á sustentabilidade da actividade pesqueira. 

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é mellorar o coñecemento dos factores que condicionan a ecoloxía trófica das aves mariñas da Demarcación Mariña Noratlántica e da ZEPA Corredor Migratorio Galaico-Cantábrico Occidental, así como da súa relación coa actividade pesqueira e coa mortalidade accidental en artes de pesca, co fin de formular medidas de xestión e mitigación no marco das estratexias e plans estatais de conservación.

De maneira específica, o proxecto pretende:

  • Analizar a distribución, o uso do hábitat mariño e a ecoloxía trófica das especies obxectivo.
  • Avaliar a interacción entre as aves mariñas e a actividade pesqueira, así como o impacto da mortalidade accidental.
  • Ensaiar medidas de mitigación en colaboración directa co sector pesqueiro.
  • Formar profesionais do mar en materia de rexistro, xestión e redución das capturas accidentais.
  • Promover a cooperación entre administracións, entidades científicas e sector pesqueiro, favorecendo a participación na conservación do medio mariño.
  • Divulgar a importancia da conservación das aves mariñas e das boas prácticas para reducir a súa mortalidade accidental.
  • Elaborar propostas de xestión que contribúan aos principais plans e estratexias nacionais para a conservación das aves mariñas e a redución das capturas accidentais. 
Período de execución

2026-2027

Accións a desenvolver

O proxecto estrutúrase en varias liñas de actuación complementarias que permitirán ampliar o coñecemento sobre as aves mariñas e mellorar a súa conservación:

  • Seguimento da distribución das especies mediante censos, monitorización de colonias e tecnoloxías de seguimento remoto (GPS-GSM).
  • Estudo da ecoloxía trófica das aves mariñas e da súa relación coa dispoñibilidade de recursos pesqueiros, incluído o papel dos descartes.
  • Análise das interaccións entre aves e actividade pesqueira mediante embarques científicos, rexistro de capturas accidentais e elaboración de mapas de risco.
  • Ensaio e avaliación de medidas de mitigación da mortalidade accidental en condicións reais de pesca, en colaboración co sector pesqueiro.
  • Desenvolvemento de protocolos para o rexistro e seguimento das capturas accidentais.
  • Organización de accións formativas e actividades de divulgación dirixidas aos profesionais do mar e á sociedade, promovendo a participación do sector pesqueiro e a cooperación entre entidades públicas e privadas.
  • Elaboración de propostas de xestión e conservación que contribúan á aplicación das estratexias nacionais e europeas en materia de biodiversidade mariña, incorporando de forma transversal a perspectiva de xénero no desenvolvemento do proxecto.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio