• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Curso de Iniciación á Fotografía de Natureza

Vostede está aquí

Curso de Iniciación á Fotografía de Natureza
Prazas limitadas
Data
venres, 6 Novembro, 2026 a sábado, 7 Novembro, 2026
Horario
  • Venres 6: 16 a 20 h.
  • Sábado 7: 10 a 14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos

Comprender os fundamentos básicos da fotografía e aplicalos dunha forma práctica na vida real na fotografía de natureza.

Contará con dúas partes: 

Unha primeira parte teórica, na que abordaremos os fundamentos da fotografía e os principais parámetros da cámara: velocidade de obturación, exposición, enfoque, profundidade de campo, etc. Coñeceremos tamén as principais modalidades de fotografía de natureza, desde a fotografía de paisaxe ata a fotografía de fauna, con especial atención ás aves e aos pequenos animais, e á fotografía macro. Exploraremos as particularidades técnicas de cada modalidade e as posibilidades que ofrecen os distintos tipos de cámaras e obxectivos. Ademais, faremos unha breve introdución á edición fotográfica, aos programas máis habituais e aos axustes básicos para mellorar as imaxes, como a corrección de luces e sombras e a aplicación de regras de composición.

Unha segunda parte práctica, na que realizaremos un roteiro ao aire libre para poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Durante o percorrido, aprenderemos a adaptar a configuración da cámara ás condicións de luz, á contorna e aos diferentes motivos que atopemos. A partir de situacións reais, descubriremos que axustes cómpre realizar en cada momento e por que, experimentando coa cámara e coas posibilidades creativas que ofrece a fotografía de natureza. Unha oportunidade para iniciarse na observación e na fotografía do medio natural, ao tempo que desfrutamos da experiencia de aprender e descubrir a natureza ao aire libre.

Dirixido a

Todos os públicos.

Imparte

Anxo Cao

Biólogo de formación e naturalista e fotógrafo por vocación, conta con 9 anos de expe­riencia nas illas Azores traballando en saídas de avistamento de cetáceos como guía e fotógrafo.

O seu traballo fotográfico e divulgativo, destacado pola súa capacidade para acercar o mundo mariño ó público xeral a través da fotografía e por garantir un equilibrio entre a divulgación e o rigor científico, foi publicado en medios como a   National Geographic   e recoñecido en importantes concursos de fotografía internacionais como o   Wildlife Photographer of the Year.

Material necesario
  • Cámara fotográfica con modo manual.  É recomendable dispoñer dunha cámara que permita axustar manualmente os principais parámetros, para aprender a controlalos e comprender como inflúen no resultado final das fotografías.
  • Caderno e bolígrafo (opcional). Poden resultar útiles para anotar consellos, ideas ou aspectos que queiramos lembrar. O obradoiro terá un enfoque dinámico e participativo, baseado na experimentación coa cámara, na resolución de dúbidas e no intercambio de experiencias.
  • Roupa e calzado cómodos. Para a parte práctica, que se desenvolverá ao aire libre, será necesario levar roupa axeitada ás condicións meteorolóxicas e calzado cómodo que permita realizar o roteiro con facilidade.
Inscrición
  • Inscrición: 70 euros
  • Prazas limitadas.
  • Imprescindible enviar o seguinte formulario:  

           ​

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio