Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
O curso pretende presentar dunha forma teórico-práctica os conceptos e metodoloxías necesarias para o deseño dun itinerario interpretativo autoguiado temático. Durante o seu desenvolvemento, os participantes, traballando en grupo, realizarán unha proposta real de itinerario autoguiado.
Persoas pertencentes ao ámbito do Turismo e o Patrimonio, guías-intérpretes, do ámbito da Educación Ambiental e educadores en xeral (educación formal e non formal) que desexen aprender a realizar itinerarios interpretativos autoguiados.
Francisco J. Guerra Rosado (Nutri), técnico especialista en Interpretación do Patrimonio, traballa desde 1984 no deseño, planificación e implementación de medios e servizos interpretativos, así como na elaboración de planes de Interpretación, tanto en España como no extranxeiro.
Para a realización do curso, é requisito imprescindible ter realizado algunha formación básica en Interpretación do Patrimonio, debidamente acreditada.
9:00 h. Presentación do curso.
9:30 h. Presentación de alumnos/as.
10.00 h. Breve introducción á Interpretación doPatrimonio.
11:00 h. Pausa café
11:30 h. A comunicación en interpretación.
14.30 h. Pausa comida
16.00 h. Itinerarios interpretativos. Características xerais e modalidades.
17.00 h. Itinerarios autoguiados. Tipoloxía e medios de apoio.
19.00 h. Fin da actividade.
9.00 h. O proceso de comunicación na excursión autoguiada. Partes estratéxicas dun itinerario autoguiado.
11:00 h. Pausa café
11.30 h. Publicacións e carteis interpretativos.
12:30 h. Planificación e deseño dun sendeiro temático autoguiado.
14.30 h. Pausa comida
16.00 h. Saída para a valoración dun área de cara ao deseño dun itinerario interpretativo autoguiado.
19:00 h. Fin da actividade.
9:00 h. Deseño dun itinerario temático autoguiado.
11:00 h. Pausa café.
11.30 h. Deseño dun itinerario temático autoguiado (continuación).
14.30 h. Pausa comida.
16.00 h. Deseño dun itinerario temático autoguiado . Posta en común final.
18.00 h. Avaliación do curso.
18.30 h. Fin da actividade.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org