• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Inauguración da exposición 'Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia'

Vostede está aquí

Inauguración da exposición 'Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia'

Inauguración da exposición 'Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia'

Sala de Exposicións CEIDA

O vindeiro xoves, 1 de agosto, terá lugar na Sala de Exposicións do CEIDA a inauguración da mostra 'Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. A exposición, producida por AFundación e Obra Social ABANCA, recolle en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou Anderson nas súas expedicións en Galicia entre os anos 1924 e 1926, retratando ás nosas xentes, costumes e tradicións. Un legado etnográfico de valor incalculable.

A inauguración terá lugar ás 20 h. na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e contará cunha visita guiada. Poderá visitarse ata o vindeiro 31 de agosto en horario de luns a venres de 9 a 14 h. e de 17 a 20 h., e sábados de 11 a 14 h.

Máis información sobre a exposición:  http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/unha-mirada-de-antano-fotografias-de-ruth-matilda-anderson-en-galicia

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio