O vindeiro xoves, 1 de agosto, terá lugar na Sala de Exposicións do CEIDA a inauguración da mostra 'Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. A exposición, producida por AFundación e Obra Social ABANCA, recolle en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou Anderson nas súas expedicións en Galicia entre os anos 1924 e 1926, retratando ás nosas xentes, costumes e tradicións. Un legado etnográfico de valor incalculable.
A inauguración terá lugar ás 20 h. na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e contará cunha visita guiada. Poderá visitarse ata o vindeiro 31 de agosto en horario de luns a venres de 9 a 14 h. e de 17 a 20 h., e sábados de 11 a 14 h.
Máis información sobre a exposición: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/unha-mirada-de-antano-fotografias-de-ruth-matilda-anderson-en-galicia
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org