O vindeiro xoves, 22 de xuño, ás 19 horas, terá lugar a quinta sesión do clube, coa seguinte proposta:
La memoria secreta de las hojas, da científica estadounidense Hope Jahren (Austin, Minnesota, 1969), editado por Paidós. Unha biografía científica que mistura a divulgación sobre o mundo vexetal e a historia persoal dunha muller consagrada á ciencia. Con ela achegarémonos ao máxico universo das plantas silvestres, e seguro que a máis de un lle sorprenderá, xa que máis alá do que nos ensinaron na escola, a vida vexetal está repleta de comportamentos extraordinarios que indican unha intelixencia.
Os libros xa están á vosa disposición na sede do noso Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora!
Se estás interesado/a en participar, envíanos a túa solicitude a través do seguinte FORMULARIO
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org