A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da ría da Coruña. Este rico patrimonio combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo de catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura a través da escritora Emilia Pardo Bazán; e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.
Para dar a coñecer todo este patrimonio natural e histórico, e dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, do 15 de xullo ao 15 de setembro, ofertará un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita. A actividade terá lugar todos os martes e xoves en dúas tandas: 10.30 h. e 12.30 h., e o aforo é limitado a 10 persoas por grupo.
Máis información e reservas: 981 630 618 - educacion@ceida.org
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org