• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

A visión da UICN para a conservación da natureza nos vindeiros 20 anos: reunión estratéxica

Vostede está aquí

A visión da UICN para a conservación da natureza nos vindeiros 20 anos: reunión internacional

A visión da UICN para a conservación da natureza nos vindeiros 20 anos: reunión estratéxica

O venres, 13 de marzo, terá lugar na nosa sede, o Castelo de Santa Cruz, un encontro de traballo de especial relevancia da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), centrado na visión da organización para a conservación da natureza nos vindeiros 20 anos.

A xornada reúne no CEIDA representantes de institucións internacionais, administracións públicas, entidades científicas e organizacións ambientais, reforzando o papel do centro como espazo de encontro para o diálogo, a cooperación e o intercambio de coñecemento arredor dos grandes retos ambientais.

O encontro ten o privilexio de contar coa presenza de Grethel Aguilar, directora xeral da UICN Internacional, quen abrirá a reflexión estratéxica sobre os principais desafíos globais da conservación da natureza nas próximas décadas, con especial atención á protección da biodiversidade, dos ecosistemas e á acción climática.

Ao longo da xornada abordaranse tamén as liñas de traballo e prioridades da UICN para os próximos anos, nun contexto internacional marcado pola necesidade de reforzar as políticas e accións dirixidas á protección da natureza.

Con esta reunión, o CEIDA consolídase unha vez máis como punto de encontro para a reflexión, o coñecemento e a cooperación en materia de sustentabilidade e conservación ambiental.

cartaz_e_programa_uicn_en_galicia.pdf

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio