A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acaba de abrir o prazo de inscrición para o Clube de Lecturas Verdes CLOROFILA. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada a acción a través da lectura. Está dirixido a todas aquelas persoas que lles guste ler, non buscamos público experto nin comentarios especializados, só persoas dispostas a compartir as súas impresións tras a lectura das obras propostas.
CLOROFILA forma parte do clube de lecturas da Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en castelán. Non obstante, trataremos de incluír obras en galego.
As reunións terán lugar un mércores ao mes, e a asistencia é imprescindible para poder sacar o máximo proveito ao clube. A primeira sesión desta tempada terá lugar o vindeiro 23 de outubro ás 19 horas.
As prazas xa están cubertas, mais abrimos lista de agarda.
Se estás interesado/a en participar no clube de lectura CLOROFILA, envía o seguinte FORMULARIO
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org