Fundación Biodiversidad
Accións gratuítas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade.
O CEIDA, a través do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, pon a disposición dos traballadores/as en activo de concellos e empresas de servizos, un servizo de asesoramento en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas ou espazos naturais protexidos dende a óptica local.
Este servizo de asesoramento forma parte do proxecto “Concellos verdes. Programa de formación de técnicos e persoal de servizos municipais en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade”, financiado co apoio da Fundación Biodiversidad, dentro do programa ‘EmpleaVerde’, e estará dispoñible ata o 14 de novembro de 2018.
Os traballadores/as interesados/as poderán contactar co CEIDA por correo electrónico, teléfono ou presencialmente na súa sede, para a solicitude de asesoramento ou documentación sobre temáticas ou casos concretos relacionados coa xestión da biodivesidade desde a perspectiva municipal. O asesoramento baséase nos seguintes servizos:
Servizo gratuíto para traballadores/as en activo.
Para solicitar o asesoramento deberá presentarse a seguinte documentación:
Luns a venres laborables, de 9:00 h a 14:00 h.
Este servizo de asesoramento en materia de xestión da biodiversidade no ámbito local estará a disposición de todos os interesados/as do o 15 de febreiro ao 14 de novembro de 2018.
Se está interesado/a en realizar algunha consulta ou solicitar documentación, pode contactar co Equipo de Documentación do CEIDA en:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org