Este 2020 o CEIDA puxo en marcha un novo proxecto que ten como obxectivo a divulgación e coñecemento das pradeiras mariñas nas costas galegas e cantábricas: o proxecto ZOSTERA. Entre moitas das súas accións, o proxecto inclúe actividades co alumnado dos centros educativos galegos, para poñer en valor e dar a coñecer os beneficios ambientais, económicos e sociais que as pradeiras nos proporcionan. Para iso conta con dous axudantes, unha parella de cabaliños de mar, uns dos moitos seres que habitan e dependen dos sebadais do litoral galego.
Pero hai un problema… os cabaliños aínda non teñen nome ‼️ Queres axudarnos? Debate coa túa familia e amigos cal sería un nome axeitado para cada un deles e fainolo chegar a través das redes sociais:
As persoas participantes que propoñan a parella de nomes máis populares, serán agasallados cun lote de libros, por cortesía do CEIDA, composto por:
Ademáis dunha colección de láminas ilustradas por Suso Cubeiro do Castelo de Santa Cruz!
Data límite para participar: domingo 5 de xullo.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org