• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conferencia 'A Educación Ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais'

Vostede está aquí

Conferencia 'A Educación Ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais'

Conferencia 'A Educación Ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais'

Prazas limitadas!

O vindeiro   venres, 26 de abril,  terá lugar na sede da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, a conferencia   ‘Educación ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais’   a cargo do profesor e ambientalista   Marcos Sorrentino.

A actividade pretende reflexionar sobre a urxencia dunha Educación Ambiental revolucionaria, que conecte os territorios relacionais locais cos desafíos socioambientais globais. Para elo, Sorrentino realizará un breve percorrido histórico polos 25 anos de institucionalización da política pública de Educación Ambiental e polo panorama actual no Estado brasileiro; mostrará como a Cooperación Internacional pode contribuir para facerse eco das voces locais nos ámbitos intercionais ao mesmo tempo de dar materialidade aos acordos entre países; e falará tamén da COP 16, da biodiversidade, da COP 30, da Mudanzas do Clima e da Rede de Centros de Educación e Cooperación Socioambiental como camiños para unha educación comprometida cos cambios culturais. 

Sobre Marcos Sorrentino

Profesor ambientalista que traballa desde os anos 70 en asociacións e movementos do ámbito ambiental. Actualmente é profesor senior da Universidade de São Paulo e director de Educación Ambiental e Cidadanía do Ministerio de Medio Ambiente e Mudanza do Clima (MMA) da República Federativa do Brasil. Fixo un dos seus pos-doutourados xunto á Universidade da Coruña e o CEIDA (2018). Foi docente da Universidade Estadual Paulista (UNESP) (1985-1988), Universidade de São Paulo (USP) (1988-2019) e Universidade Federal da Bahía (UFBA) (2021-2023). Asesor especial do Ministro de Educación do Brasil (2012-2014) e director de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente (2003-2008).

A conferencia terá lugar nas   antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora ás 19 h.   Como o aforo é limitado, agradécese confirmar asistencia no seguinte   FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio