• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Conferencia 'Eclipses ao longo da historia: medo, mito e ciencia' con Juan Nolasco

Vostede está aquí

Conferencia 'Eclipses ao longo da historia. Medo, mito e ciencia' con Juan Nolasco

Conferencia 'Eclipses ao longo da historia: medo, mito e ciencia' con Juan Nolasco

Prazas limitadas

A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será un dos fenómenos astronómicos máis salientables dos próximos anos en toda a Península Ibérica. A partir deste acontecemento excepcional, esta conferencia propón unha viaxe a través do tempo para descubrir a historia das eclipses e a fascinación que espertaron nas diferentes civilizacións ao longo dos séculos.

Explorarase como distintas culturas interpretaron estes fenómenos entre o medo, o mito e a relixión, e como a observación e o desenvolvemento da ciencia permitiron comprender a súa verdadeira natureza. Ademais, analizaranse algúns dos episodios históricos máis relevantes relacionados coas eclipses e o seu papel no avance do coñecemento astronómico.

A sesión tamén abordará a presenza das eclipses na arte, na literatura e na cultura popular, mostrando como inspiraron relatos, lendas, obras artísticas e reflexións filosóficas. Finalmente, ofreceranse explicacións sinxelas sobre o fenómeno que terá lugar en agosto de 2026, así como a importancia de observar este fenómeno de forma informada, consciente e segura.

Juan Nolasco

Juan Nolasco traballa no Planetário do Porto – Centro Ciência Viva, en Portugal, e desenvolve proxectos de divulgación científica e educación espacial. É profesor e enxeñeiro, con experiencia en iniciativas educativas da ESA, a NASA e outros programas internacionais, especialmente en astronomía, tecnoloxía e educación STEAM.

Data e lugar

Martes, 30 de xuño, 19 horas.
Biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA. Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros)

Inscrición

A actividade é gratuita.
Inscrición previa a través do formulario habilitado ou no teléfono 981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio