A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle a segunda entrega de Xela, a protagonista dun conto que prentede achegar a natureza do noso territorio á infancia, creado pola educadora ambiental e contadora de historias Inma Soto. Esta segunda historia leva o título de 'Xela, aventura na fraga', unha oportunidade para mergullarse no bosque galego e despertar a sensibilidade, o apego hacia o mundo que nos rodea.
O contacontos terá lugar no xardín do Pazo de Lóngora o vindeiro sábado, 28 de xuño, ás 12 horas, e terá unha duración aproximada de hora e cuarto. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, que poderán asistir acompañados de pais/nais ou outros familiares.
Sinopse: Xela amosa a paisaxe que pode ver dende a fiestra do seu cuarto, o bosque autóctono galego, que todos coñecemos como a fraga. Un inesperado e intrigante suceso motiva á protagonista a saír na procura de respostas. Polo camiño atopa rastros e pegadas de animais que conducen á resolución deste misterioso caso. Que pasará nesta aventura?
Inma Soto, autora e mediadora: dirixida polo entusiasmo dun corazón aventureiro, estudou Ciencias Mariñas en Vigo, completando a súa capactitación co ciclo de manexo forestal e o entorno natural en Xinzo da Limia. Traballou en diferentes proxectos, sempre vinculados á difusión e conservación da natureza. As historias naceron para crear conciencia sobre a protección e o respecto polo medio natural e o patrimonio que nos rodea. Hoxe, os contos e as historias son unha das formas que ela atopa para comunicarse, de aí que se especializase neste campo e crease o proxecto de Xela, para viaxar a través da palabra a mundos de diferentes cores e, ao regreso, recoñecer mellor o noso universo.
As prazas son limitadas, polo que é imprescindible a reserva de praza no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org