• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Contacontos 'Xela, superheroína de aldea'

Vostede está aquí

Contacontos 'Xela, superheroína de aldea'

Contacontos 'Xela, superheroína de aldea'

Prazas limitadas!

Actividade familiar infantil de contacontos que pretende poñer en valor, de forma interactiva e dinámica, os recursos naturais que existen no noso territorio. Baseado no conto 'Xela, superheroína de aldea', a súa autora  Inma Soto Iglesias   e a protagonista da historia Xela, mostrarán aos nenos e nenas un modelo respectuoso de relación coa natureza, as conexións co medio rural, a importancia de custodiar a o territorio...  para sentir a natureza como unha oportunidade e facer que sintan fachenda do noso patrimonio natural e cultural.

A actividade terá lugar no xardín do   Pazo de Lóngora   o vindeiro   venres,  12 de xullo,   ás   12 horas,   cunha   duración aproximada de hora e cuarto.  

Dirixida a nenos e nenas  a partir de 4 anos   que poderán asistir acompañados de pais/nais ou outros familiares. 

As prazas son limitadas, polo que é imprescindible a reserva praza no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

https://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia-centro-de-documentacion

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio