Cada 21 de marzo conmemórase o Día da Árbore, unha data sinalada para lembrar a importancia de coidar as superficies arboladas e os bosques porque son fonte de vida. Por este motivo, a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental continúa este mes coa edición infantil das Conversas Naturalistas, que estarán adicadas ás árbores e os libros.
As conversas naturistas son un espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa biodiversidade que nos rodea. Nesta ocasión contará coa presenza do biólogo e educador ambiental Jorge Gude, con quen aprenderemos sobre a súa bioloxía e importancia, identificaremos algunhas das especies que se atopan na nosa contorna máis próxima, coñeceremos algunhas historias curiosas, ... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que o levaron a introducirse no mundo das árbores, así como as lecturas que considera indispensables para iniciarnos no seu coñecemento.
A conversa infantil incluirá un pequeno paseo polo xardín para aprender a identificar algunhas especies.
Jorge Gude cóntanos...
'Jorge é un educador ambiental de formación e “de corazón”. Traballando sobre a Educación Ambiental desde finais dos anos 90, en diversos equipamientos de Galicia. Actualmente formo parte da equipa educativa do CEIDA. Con ampla experiencia en rutas guiadas polo medio natural, ainda que continúo aprendendo cada día …
Tiven a sorte de ter uns avós que vivían no rural e foron eles os primeiros que me ensinaron a respectar a Natureza e coñecer moitos dos segredos que esconde. Todos os días paseaba polo bosque que rodeaba a súa casa e comencei a recoñecer ás árbores, as flores, os paxaros ou os cogumelos… cada día era diferente e sempre emocionante porque facía un novo descubrimento.
O meu primeiro recordo cunha árbore é cun vello castiñeiro, do que se dicía que tiña máis de 500 anos. Eu non sei se tería tantos, pero o que sí era verdade é que o seu toro estaba totalmente oco, o que me permitía subir polo seu interior ata as polas máis altas… así que converteuse no meu espazo preferido de xogos. Era unha árbore, pero para min xogando tamén foi… unha cabana, unha cova, un barco, un faro, … e eu era un naúfrago, un pirata, un descubridor, un científico, etc.
Ademáis de xogar nel e con él, tamén era o meu lugar de investigación, xa que aquela vella e enorme árbore era a que me ensinaba o paso das estacións do ano e arredor dela había moitísimos seres que vivían conmigo… o musgo, a hedra, o escornabois, un peto, un esquío, un morcego, e un montón de animais e plantas que fixeron que cada vez tivese máis gañas de saber e que me convirtiron no que hoxe son'.
A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 16 de marzo, ás 12.00 h. nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación, cunha duración aproximada de 2 horas.
Está dirixida a público infantil, de 7 a 14 anos, que poderán vir acompañados dun adulto, se o desexan.
As prazas son limitadas. Reservas en:
https://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia-centro-de-documentacion
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org