• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conversas naturalistas: aves e libros

Vostede está aquí

Conversas naturalistas: aves e libros

Conversas naturalistas: aves e libros

Edición infantil!

Continuando coa celebración do mes das aves, a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental estrea a edición infantil das Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa  biodiversidade nos seus diferentes ámbitos.

Esta primeira actividade estará centrada no  mundo das aves, e para achegarnos a elas contaremos coa presenza do  ornitólogo Sergio París, con quen aprenderemos sobre a súa bioloxía, identificaremos algunhas das especies que se atopan na nosa contorna máis próxima, coñeceremos aqueles lugares onde podemos observalas con facilidade, ... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que o levaron a introducirse na ornitoloxía, así como as lecturas que considera indispensables para iniciarnos no universo alado.

A conversa infantil incluirá un pequeno   paseo polo xardín para observar e escoitar as aves da contorna.

Sergio París é grande coñecedor das aves do Concello de Oleiros, membro do equipo técnico do CEIDA onde coordina o proxecto 'Aves Ártabras', e secretario da Sociedade Galega de Ornitoloxía.

A actividade terá lugar  o vindeiro   sábado, 11 de novembro, ás 12.00 h.  nas antigas cabalarizas do  Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación, cunha duración aproximada de 2 horas.  

Está dirixida a   público infantil,  de 7 a 14 anos, que poderán vir acompañados dun adulto, se o desexan.

As prazas son limitadas. Reservas en:  

http://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio