O vindeiro luns, 11 de setembro, a pranta baixa do CEIDA acolle unha nova exposición, 'Cos Pés na Auga', mostra colectiva de RetoqueRetro e Mar de Fábula, que de novo se xuntan para integrar nas súas obras nunha íntima e paciente tarefa: as crebas e o lixo mariño que retiran da ribeira. A exposición é unha proposta conxunta de concienciación ambiental e fonte de inspiración que debera levarnos a un necesario replantexamento de relacións entre a sociedade actual e o mar. Permanecerá na sede do CEIDA ata o vindeiro 14 de outubro. Máis información
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org