O vindeiro mércores, 24 de maio, ás 19 horas, terá lugar a cuarta sesión do clube, coa seguinte proposta:
A brea de avelaíñas, do xornalista, ambientalista e escritor inglés Michael McCarthy (Reino Unido, 1947), editado por Kalandraka, dentro da colección Vitamina N. Con McCarthy abandonamos o realismo máxico da lectura anterior para introducirnos nunha obra de literatura de natureza cun forte tono reivindicativo. Durante case 300 páxinas, o autor chama á reflexión ante a enorme perda de biodiversidade que está a sufrir a natureza, e nos anima a redescubrir e gozar dela, participando na súa defensa e protección.
Os libros xa están á vosa disposición na sede do noso Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora!
Para máis información, envía un correo-e a: documentacion@ceida.org
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org