Cada 24 de outubro o Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, espazos abertos ao coñecemento que este 2025 levan o lema 'Contra a desinformación: bibliotecas'. As bibliotecas de todo tipo constitúense como axentes activos na loita contra unha das grandes ameazas do noso tempo, a desinformación, non só mediante o acceso a recursos fiables como libros, prensa, revistas científicas, base de datos especializadas, senón tamén co uso responsable e crítico das tecnoloxías de información. Asimesmo, o persoal bibliotecario desempeña un papel clave como mediador do coñecemento e da lectura, guiando aos usuarios e usuarias na identificación e no uso de fontes veraces e contrastadas, e loitando contra as fake news.
Con motivo desta celebración, o CEIDA levará a cabo o vindeiro xoves, 23 de outubro, na súa biblioteca e centro de documentación ambiental dúas actividades:
Ambas actividadades terán lugar no Pazo de Lóngora (xardín, antigas cabalarizas e interior do pazo). Rúa Casares Quiroga, 29. Liáns (Oleiros). * En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan realizar a Noite das Lecturas Verdes no xardín, a actividade trasladarase ao interior da biblioteca.
RESERVA DE PRAZAS: como o aforo é limitado, agradécese confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou a través do seguinte formulario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org