• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú Literario: Día do Libro | Día da Terra

Vostede está aquí

Ecomenú Literario: Día do Libro | Día da Terra

Ecomenú Literario: Día do Libro | Día da Terra

Durante o mes de abril conmemóranse dúas datas moi especiais para o CEIDA: o 22 de abril, Día da Terra; e o 23 de abril, Día do Libro. Neste 2022 o equipo de Documentación celebrará ditas efemérides cunha nova edición do Ecomenú Literario, actividade de lectura en voz alta para saborear a natureza a través dos libros e das palabras.

O ecomenú literario está dirixido a público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú degustación deseñado para a ocasión. O obxectivo é crear un espazo para a reconexión coa natureza e todas as formas de vida, a lectura e a reflexión colectiva.

A cita terá lugar o vindeiro   23 de abril, ás 12 h., no xardín do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación. As  prazas son limitadas e é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte   FORMULARIO.

 

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio