O ecomenú literario é un espazo para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú que foi deseñado para reconectar coa natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A actividade deseñouse como unha experiencia piloto, mais debido ao éxito, a entidade decidiu incorporala ao seu programa anual.
A cita terá lugar o vindeiro 5 de xuño, ás 12 h., no xardín do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación. As prazas son limitadas e é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte FORMULARIO.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org