O Ecomenú Literario é un espazo para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú preparado para reconectar coa natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A actividade, deseñada en 2021 como experiencia piloto, tivo unha magnífica acollida, e dende entón xa van tres anos consecutivos incorporada ao programa anual de actividades.
A cita terá lugar o vindeiro venres 9 de xuño, ás 18 h., no xardín do Pazo de Lóngora.
As prazas son limitadas polo que é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte FORMULARIO.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org