O ecomenú literario é un espazo para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a público adulto, e os/as comensais gozarán dun novo menú deseñado para reconectar coa natureza dunha forma diferente, a través da literatura e das palabras.
A cita terá lugar no xardín do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación, ás 19 horas. As prazas son limitadas e é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte FORMULARIO.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org