• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Vostede está aquí

Ecomenú literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Ecomenú literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Prazas limitadas

Co mes de xuño chega unha das actividades máis esperadas da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, o   Ecomenú Literario,   actividade de   lectura en voz alta para saborear a natureza!  
O Ecomenú Literario é un espazo  para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a  público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú preparado para reconectar coa natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A actividade, deseñada en 2021 como experiencia piloto, tivo unha magnífica acollida, e dende entón xa van catro anos consecutivos incorporada ao programa anual de actividades.

A cita terá lugar o vindeiro sábado   15     de  xuño,  ás 12 h., no    xardín do Pazo de Lóngora.

As  prazas son limitadas polo que é preciso confirmar a asistencia a través do seguinte    FORMULARIO.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio