• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Vostede está aquí

Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Ecomenú Literario: lectura en voz alta para saborear a natureza

Prazas limitadas!

A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental arranca o seu tradicional 'Ecomenú literario', actividade de lectura en voz alta para achegarse á natureza dunha forma diferente, a través da literatura. A primeira cita deste ano terá lugar o vindeiro   sábado, 5 de xullo, ás 12 horas,   no xardín do   Pazo de Lóngora.

O Ecomenú Literario é un espazo para a lectura, o diálogo e a reflexión colectiva. Está dirixido a   público adulto   e os/as comensais gozarán dun menú deseñado para reconectar coa natureza e as palabras. A actividade foi estreada no ano 2021 como experiencia piloto, mais debido á magnífica acollida, incorporouse ao programa anual de actividades da entidade. 

As prazas son limitadas! Pode reservar praza no teléfono 981 630 618 ou a través do seguinte formulario:

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio