• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Exposición 'Bolboretas en Acuarela' no Pazo de Lóngora

Vostede está aquí

Exposición 'Bolboretas en Acuarela' no Pazo de Lóngora

Exposición 'Bolboretas en Acuarela' no Pazo de Lóngora

Do 27 de marzo ao 31 de maio

A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle na súa sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, a exposición 'Bolboretas en acuarela', da artista oleirense Lúa Fraga Salgado (@mamaquieroserartista_), unha serie de ilustracións orixinais pintadas en acuarela e tinta chinesa. A mostra poderá visitarse na pranta baixa da biblioteca do 27 de marzo ao 31 de maio de 2023.

A exposición

Durante o verán e outono de 2022, a artista Lúa Fraga observou nalgúns paseos en familia, bolboretas e mesmo algunha oruga, que nunca antes vira. Ou quizais si, sen ser consciente. Iso levouna a investigar sobre elas acudindo á biblioteca ambiental do CEIDA, no pazo de Lóngora, e a consultar algúns libros sobre a vida das bolboretas. Alí descubriron que unha grande e colorida oruga que vira neses paseos, transformaríase nunha bolboreta macaón. De non atopar aquela oruga preto de casa, en Oleiros, pensarían que esa impresionante bolboreta pertencía a outros hábitats, pero é que máis preto do que pensamos habitan especies incribles que seguramente pasan desapercibidas. A intención de pintar estas bolboretas e expoñelas, é crear máis consciencia dos belos detalles que nos rodean e observar cun pouco de atención nos nosos paseos pola natureza. Todas as ilustracións expostas son obras orixinais, feitas sobre papel 100% algodón de 310g. Con acuarela e un fondo de tinta chinesa negra que resalta a morfoloxía das bolboretas e contrasta coas cores das súas ás.

Sobre a artista

Lúa Fraga chegou á ilustración e deseño de estampados, tras estudar deseño gráfico e facer un curso de acuarela para téxtil, pero sen esquecer as súas grandes aprendizaxes adquiridas de forma autodidacta, desde que pinta sendo nena. Inspírase para as obras e deseños, maiormente, no
medio que nos rodea, como fauna, botánica ou paisaxes. As ilustracións adoptan un estilo realista que pretenden mostrar que a natureza é marabillosa tal cal é, sen alteracións, prestando especial atención e mimo aos pequenos detalles. As creacións van desde a obra orixinal, reproducións fine art en formato de láminas decorativas, así como en diferentes produtos nos que se plasman as ilustracións, como téxtiles estampados ou papelería. Ten un grande interese en achegar a arte á infancia, volvéndoo atractivo, coa naturalidade das ilustracións, e mesmo útil e práctico como nos accesorios estampados téxtiles, mostrando ás máis pequenas e pequenos, pinturas nas que se aprecie a técnica, os trazos e manchas de pintura, pero que non estean infantilizadas, se non que poidan ver como é a realidade que nos rodea. Así pois, as súas ilustracións están dirixidas a público de diferentes idades que se vexan atraídas pola arte ou a natureza.

A exposición 'Bolboretas en Acuarela' poderá visitarse en horario de luns a xoves, de 10 a 14 e de 16 a 19 h., e venres de 9 a 14 h.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio