• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Exposición 'Liáns. Luces outonais' no Centro de Documentación Ambiental

Vostede está aquí

Exposición 'Liáns. Luces outonais' no Centro de Documentación Ambiental

Exposición 'Liáns. Luces outonais' no Centro de Documentación Ambiental

Do 14 decembro ao 29 febreiro

A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle na súa sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, a  exposición 'Liáns. Luces outonais', do fotógrafo Víctor Hermida Valeiro,  unha serie de fotografías do parque forestal de Liáns e a súa contorna. A mostra pode visitarse na pranta baixa da biblioteca   do 14 de decembro de 2023 ao 29 de febreiro de 2024.

A exposición

A exposición componse de 16 fotografías en branco e negro tomadas este mesmo outono no parque forestal de Liáns, coñecido como 'Bosque dos Veciños' e situado no Concello de Oleiros. Inaugurado no ano 2009, conta con pasarelas para camiñar entre as súas árbores con pequenos rincóns para a lectura ou sentarse a escoitar os cantos das aves e da natureza. Na súa contorna atópase a igrexa de Santa Eulalia de Liáns e o Pazo de Lóngora, elementos patrimoniais incluidos na serie para completar a colección. Todas as imaxes foron realizadas cunha cámara Nikon D610, cun único obxectivo de 35mm e un filtro de densidade neutra (ND4).

Sobre o fotógrafo

Dende que  Victor Hermida  se aficionou á fotografía, forxouse un camiño amoldando a súa técnica cara buscar unha especial emotividade nos espazos verdes urbanos da súa contorna. A Coruña e arredores representan unha gran oportunidade neste aspecto xa que ofrece unha ampla variedade de xardíns, parques e, por suposto,unha extensa líña de costa. Ademáis, Liáns representa todo un estímulo para o autor,como mostra no seu libro autopublicado Liáns. Memoria perdida e sendo esta a segunda vez que expón nesta parroquia oleirense; esta vez si, con imaxes da zona.

A exposición 'Liáns. Luces outonais' pode visitarse en   horario de luns a xoves, de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e venres de 9 a 14 h. (excepto festivos).

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio