A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle na súa sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, a exposición 'Pintar con la: 2 D dry felting', da artista escocesa Rowena Whitelaw , unha colección de obras realizadas con la e bordado, empregando a técnica do "dry felting". A mostra poderá visitarse na pranta baixa da biblioteca do 14 de marzo ao 30 de maio.
A exposición
O dry felting é unha técnica textil cuxo proceso se basa en compactar as fibras de la ou o nobelo de la para formar un fieltro con distintas formas e espesores. Coa axuda dunhas agullas especiais, pódense crear obras de arte orixinais e diferentes ao que acostumamos ver en galerías de arte.
As obras que forman parte desta colección están realizadas con esta técnica de dry felting, con base de fieltro e engadindo detalles con bordado. Nela se recollen algunhas das pezas favoritas da artista, todas elas inspiradas pola beleza que nos rodea: paisaxes, prados, montañas, flores ou árbores.
Sobre a artista
Rowena Whitelaw (Roo) é veciña de Oleiros desde hai 35 anos. De orixe escocesa, a súa vida profesional está vinculada ao ensino de idiomas. No seu tempo libre adícase á artesanía, pintando con la e bordado, e impartindo obradoiros desta técnica artística.
Os seus traballos poden coñecerse na súa conta de Instagram: @chestful.of.felt
Horario de visita
A exposición 'Pintar con la: 2D dry felting' poderá visitarse no seguinte horario (agás festivos):
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org