O venres, 3 de agosto, o Concello de Oleiros inaugura na nosa Sala de Exposicións a mostra 'Amazônia sempre viva'. A exposición colectiva recolle as obras de catro artistas brasileiros (Homero Amazonas, Nailson Novato, Nonato Cruz e Olivença) que recrean a Amazonía a través das súas creacións. O acto terá lugar ás 20.30 h. e contará coa presenza do alcalde de Oleiros, D. Ángel García Seoane.
'Amazônia sempre viva' poderá visitarse na sede do CEIDA, o Castelo de Santa Cruz, ata o vindeiro 7 de setembro. Máis información
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org