O vindeiro venres, 23 de novembro, terá lugar na pranta baixa da nosa sede, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a inauguración da última obra artística de María Coira, despóis de 8 anos de silencio. No acto, que terá lugar ás 20 h., participará tamén o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro coa actividade cultural 'Cata a Arte by D.O.Ribeiro'. Catro bodegas do Concello Regulador (Alberte, Terra do Castelo, Val do Deva e Viña Costeira), ofrecerán os seus viños da man dos propios bodegueiros. Ademáis, para amenizar a velada, contarase coa actuación musical de Eduardo Coma (violín) e Francisco Rosa (guitarra), e dun tradicional magosto.
A entrada ao acto é gratuita, mais todas aquelas persoas interesadas poderán facer unha aportación voluntaria que será integramente doada á Asociación Mar de Fábula a prol da conservación do medio mariño.
A exposición 'Camiños do silencio' poderá visitarse no Castelo de Santa Cruz ata o vindeiro 28 de febreiro de 2019. O horario de visitas é de luns a venres de 9 a 14 h. e sábados de 11 a 14 h. Máis información sobre a artista e a súa obra
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org