• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Inauguración da exposición 'Salseiros'

Vostede está aquí

Inauguración da exposición 'Salseiros'

Inauguración da exposición 'Salseiros'

Sala de Exposicións CEIDA

O martes, 16 de xullo, o CEIDA inaugura a exposición 'Salseiros', dos fotógrafos David Balado e Joséma Ojén. A mostra recolle instantes captados do mar que nos rodea, da súa forza e poderío. Un mundo en cor e por momentos en branco e negro onde o drama está presente, sempre, acompañado dunha singular beleza. A inauguración terá lugar ás 20 h. na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e contará coa presenza dos seus autores. Ao remate do acto, os participantes serán convidados/as a un viño.

A exposicion 'Salseiros' permanecerá no CEIDA ata o 29 de xullo, e poderá visitarse en horario de luns a venres de 9 a 14 h. e de 17 a 20 h., e sábados de 11 a 14 h.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio