Os espazos naturais son escenarios privilexiados para o contacto e a reconexión coa natureza, e proporcionan múltiples beneficios para a nosa saúde e benestar, nas súas dimensións ambiental, social, física, mental, e espiritual.
Para celebrar o Día Europeo dos Parques 2021, a rede RECIDA (á que pertence o noso centro de documentación ambiental) elaborou unha nova guía de recursos, coordinada polo CENEAM e EUROPARC-España, coa que se pretende aportar unha ampla recompilación de recursos sobre os beneficios que para a saúde proporcionan os espazos naturais adecuadamente xestionados.
A guía incúe libros e artigos, recursos electrónicos, experiencias documentadas, grabacións de webinarios e ata podcast.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org