• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Novas maletas viaxeiras: a maleta climática

Vostede está aquí

Novas maletas viaxeiras: a maleta climática

Novas maletas viaxeiras: a maleta climática

Para os centros educativos

Co obxectivo de que o alumnado dos centros educativos comprenda a problemática do cambio climático e da crise global, coñeza os escenarios de futuro que podemos atopar se non comezamos a actuar de contado, así como as ferramentas que a cidadanía posúe para mitigalo, a biblioteca e centro de documentación do CEIDA acaba de lanzar unha nova colección de maletas viaxerias: as maletas climáticas. Están dirixidas ao estudantado de 2º e 3º ciclo de primaria, aínda que pola complexidade da materia, algúns dos recursos que recolle a maleta poden ser adaptados a secundaria.

As maletas climáticas forman parte do programa ‘Por unha Transición Ecolóxica’ que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, e apoian os Obxectivos número 7 (Enerxía asequible e non contaminante), 11 (Cidades e Comunidades Sostibles), 12 (Produción e Consumo responsables) e 13 (Acción polo Clima) dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para o ano 2030 (Axenda 2030). 

Con estas xa son catro as temáticas que o centro de documentación ofrece a todos os centros educativos galegos dentro do programa de maletas viaxeiras, que son cedidas de forma temporal e totalmente gratuita a todos os centros solicitantes. Máis información sobre este programa:
http://www.ceida.org/gl/biblioteca-e-documentacion/maletas-viaxeiras 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio