O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA acaba de poñer en marcha novas maletas viaxeiras, as maletas literarias, unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. A maleta pretende que os nenos e nenas de idades temperás se acheguen a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan. Coñecerán criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza!
Dirixidas aos nenos e nenas de segundo ciclo de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria. O préstamo é gratuito para todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, que poderán dispoñer dos materiais durante 1 mes (incluindo as datas de envío e devolución).
Máis información: http://www.ceida.org/gl/biblioteca-e-documentacion/maletas-viaxeiras
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org