• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

O espectáculo "Cores e rock para un ecoloxismo molón" con Laura Romero e Pakolas arranca na biblioteca verde do CEIDA

Vostede está aquí

Espectáculo "Cores e rock para un ecoloxismo molón" con Pakolas e Laura Romero

O espectáculo "Cores e rock para un ecoloxismo molón" con Laura Romero e Pakolas arranca na biblioteca verde do CEIDA

Prazas esgotadas!

A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle a actividade  “Cores e rock para un ecoloxismo molón, con Laura Romero e Pakolas”  que combina a ilustración e a pintura mural de Laura Romero coa música galega en directo, a través dun espectáculo escénico de Pakolas de  «Ecoralia a lambona ecolóxica».  A actividade, premiada dentro do   I Certame “Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social»  que promove a   Deputación da Coruña,   forma parte dun proxecto multidisciplinar que pretende visibilizar diversas temáticas como a ecoloxía e o coidado do medio, a sensibilización ambiental, a defensa da terra, o traballo das mulleres no agro e no mar, así como a reivindicación da lingua galega nas artes. 

A proposta vai dirixida principalmente ao público das cativas e dos cativos, e na súa maior parte dentro do ámbito educativo, en ciclos de infantil e primaria, especialmente ao alumnado das escolas unitarias e coles con comedores sostibles ou Km 0, pero tamén aos centros de educación especial. Engádese ademáis algún centro ou biblioteca singular relacionada co obxecto do proxecto (medio ambiente) ampliando así proposta escénica musical e mural ao público xeral familiar.

Laura Romero

É ilustradora, urban sketcher, profesora de debuxo e pintura e tamén é música. Licenciada en Belas Artes na Universidade de Salamanca (2014). Socia da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a cal preside desde finais do ano 2021. A música e o seu interese pola visibilidade das mulleres adoita estar presente no seu traballo como ilustradora, tanto nos proxectos propios coma nos encargos. É a autora tralo proxecto Músicas Galegas Ilustradas e baixista da veterana banda de rock Zënzar dende o 2016. 

Pakolas

«Pakolas» é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico guitarreiro, e tamén produtor de música pensada para os/as máis cativo/as. Este é o nome co que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Cada ano percorre toda Galicia cos seus espectáculos rockeiros

“Cores e rock para un ecoloxismo molón"

A primeira parada deste proxecto, co concerto de Pakolas e remate da intervención mural de Laura Romero,  terá lugar no   xardín do Pazo de Lóngora,   sede da nosa biblioteca verde, o vindeiro    xoves, 10 de xullo,  ás   19 horas,  e terá unha duración aproximada de unha hora. Está dirixido a   público infantil e xeral familiar  e as prazas son limitadas.

 

AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS

 

 

 

 

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio