• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Onde o corazón florece: literatura, natureza e emocións

Vostede está aquí

Onde o corazón florece: Literatura, Natureza e Emocións

Onde o corazón florece: literatura, natureza e emocións

Prazas limitadas

Pode un libro conmovernos e ensinarnos a amar a natureza doutra forma?

No marco da   Bienal Lucky Books 2026,  a Biblioteca Verde do CEIDA propón un encontro para explorar os vínculos afectivos que establecemos coa natureza a través da literatura. Un espazo para compartir lecturas, descubrir novas formas de mirar o mundo natural e reflexionar sobre as emocións que espertan en nós.

A actividade estrutúrase en dúas partes:

  • Un percorrido pola literatura de natureza:  unha aproximación a este xénero literario para descubrir como diferentes obras recollen e expresan a nosa relación co mundo natural. Desde a contemplación ata o sentimento de pertenza, desde a fascinación pola beleza ata a dor pola perda, exploraremos os diferentes afectos e as emocións que nos unen á natureza. Unha oportunidade para iniciciarse neste xénero e coñecer algunhas das súas obras máis representativas.
  • Un espazo de lectura e experiencia compartida:  a continuación, convidaremos ás persoas participantes a compartir aqueles libros sobre a natureza que deixaron pegada nas súas vidas e,  se así o desexan, ler algún fragmento das obras que as emocionaron, acompañaron ou axudaron a descubrir unha nova forma de relacionarse co mundo natural. Un encontro aberto á participación, no que as palabras e as experiencias persoais nos permitirán descubrir como a literatura pode cultivar o noso vínculo coa nosa contorna.

 

A actividade enmárcase na Bienal Lucky Books 2026, unha iniciativa cultural descentralizada que busca facer fronte a un dos grandes retos do noso tempo: a desconexión entre as persoas e a natureza. A través da literatura, a narrativa e a creación, a Bienal procura fomentar a conciencia ecolóxica e contribuír a comprender, valorar e protexer o noso fogar común. Baixo o lema «Onde o corazón florece», esta edición convida a explorar o vínculo profundo que nos une á natureza a través de experiencias literarias e creativas.

Data: xoves, 5 de novembro de 2026
Horario: de 19:00 a 21:00 h. aproximadamente.
Lugar: Biblioteca Verde do CEIDA, antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Oleiros).

Inscricións a través do seguinte formulario

            ​

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio