O vindeiro venres, 7 de xullo, a pranta baixa do CEIDA acolle unha nova exposición, 'Paisaxes suízas: onde comezan os soños', do fotógrafo Victor Hermida, unha colección de 26 imaxes que representan unha mostra das variedades paisaxísticas suízas, priorizando os elementos propios da natureza, e a súa sintonía ante situacións máis antropizadas. Unha exposición que pretende transportar ao visitante ás paisaxes exóticas típicas desta rexión centroeuropea, buscando transmitir a esencia tan especial que desprende. Máis información
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org